O cine París de Muros converterase nun multiusos con auditorio e sala de exposicións

O Ministerio de Cultura, a Deputación da Coruña e o concello financiaron a compra e rehabilitación

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O esmorecemento das salas tradicionais de cinema deu pé a unha nova reconversión destes edificios. Uns destinarónse a vivendas, outros continúan como espazo ruinoso e outros manteñen os seus usos culturais. Este último suposto é o caso do vello Cine París de Muros, que se convertirá nun multiusos. Co apoio económico do Ministerio de Cultura e da Deputación da Coruña, o concello de Muros encargouse da compra e rehabilitación deste edificio. A transformación do espazo, que se licitará en breve, terá un custe de 900.000 euros e dotará á vila dun auditorio con capacidade para 200 persoas e unha sala expositiva.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Muros, Deputación da Coruña, Ministerio de Cultura...