Coñecidísimo actor tanto en teatro como en cine e televisión, Ernesto Chao desempeña na actualidade o cargo de presidente da asociación Escena Galega, o colectivo que agrupa os profesionais das artes escénicas.
¿Cando nos coñeceches?
Foi hai tempo, máis por xente da profesión que por min mesmo porque non son moi "fedellas" a través de Internet. Sei que moita xente o consulta e que tanto a asociación como a min mesmo, nos sirve para enterarnos de aspectos da profesión.
¿Cales pensas que son os acertos?
Penso que está moi completo e que sempre vos preocupades de andar detrás da noticia.
Que botas en falta?
Non sei. Non entro moito por aí.

