O galego é o noso medio natural é o nome da campaña que presenta esta mañá a Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística en colaboración coa Área de Normalización da Universidade de Vigo. A iniciativa prentende vencellar a conciencia ecolóxica e lingüística, amosando os paralelismos endtre a desaparición de especies e a diversidade cultural entre outras cuestións. Pola súa banda, a plataforma A saia de Carolina en galego convoca para o vindeiro 21 de outubro ás 20h un encontro no que quere reivindicar a versión na nosa lingua da popular canción. O colectivo naceu a raíz da publicación nun libro de texto dunha versión en castelán do tema.