Os equipos de normalización presentan a súa campaña a prol da lingua

Orgullosos do noso, orgullosos do galego arrinca con videos e material gráfico

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística ten xa no seu web o material co que comeza a campaña Orgullosos do noso, orgullosos do galego. A iniciativa, que pretende concienciar a sociedade de que ter lingua propia é unha sorte e un motivo para estar orgulloses, inclúe nesta primeira fase material para imprimir como calendarios ou carteis e mais videos promocionais. Entre estes últimos, atopamos o que dá título á campaña, no que diversos persoeiros da cultura do país, como Luís Tosar, Belén Regueira ou Antón Reixa, amosan o seu apoio a esta proposta.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Reixa, Luís Tosar, Normalización Lingüística, Lingua galega