A Plataforma pola Normalización Lingüística do Grove inicia a campaña Xabaindulto

A iniciativa pide que a TVG restitúa o Xabarín ao horario de tarde

27/1/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
19 lecturas | Compartido 0 veces

"O Xabarín foi un importante medio de comunicación da lingua do país", aseguran os promotores da campaña Xabaindulto, "e non se pode ter condenado á programación en horario alleo ao seu público normal". A Plataforma pola Normalización Lingüística do Grove denuncian que o emblemático programa infantil da TVG, Xabarín Club, emítese só en horario matinal, impedindo que unha boa parte da audiencia potencial do programa non poida velo. A plataforma, integrada polos Equipos de Normalización dos centros de ensino do Grove, o Servizo de Normalización e a Concellería de Normalización deste concello, xa aprobou una moción no Pleno local e conseguiu o apoio de Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta e Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda e Solo. A campaña continuará pedido apoios noutros puntos de Galicia e a máis institucións.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grove, Normalización Lingüística, TVG, Xabarín Club...

Claves

Entidades
Lugares