Comezou sendo un programa televisivo para público infantil e acabou por conveterse nun fenómeno social. O XabarÃn Club cumpre este mes quince anos de emisión nos que cambiou de horario, saÃu de xira musical, editou varios discos, creou unha páxina web e está presente nas redes sociais (Blogspot, Facebook e Fotolog). Esta tarde, a discoteca LP 45 de Ordes acolle un concerto “Oinkplugged” na que se versionarán todas aquelas cancións que constituÃron a banda sonora deste programa. O programa emÃtese todas as mañás no seu formato habitual e, a partir do luns, incorpórase ademais á segunda canle da TVG (a G2). Será pola tarde cando a cadea que se emite exclusivamente na TDT emitirá a “Xeración XabarÃn”, unha sección que nace coa pretensión de recuperar os arquivos, reportaxes, vÃdeos musicais e debuxos animados requiridos polos telespectadores, ademais das series como O Detective Conan, A Máscara, Cousas de Tolos e, en breve, a estrea en breve de Mr. Bean animación.