A G2 e a TVG concentran no verán a súa oferta televisiva para os pequenos

A G2 emite preto de seis horas diarias de programación infantil

| Santiago. Redacion | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Os veráns escríbense en galego e baixo a marca da Televisión de Galicia. O ente público, a través das dúas canles (TVG e G2) emite máis de oito horas diarias de contidos infantís en galego. De luns a sábado entre as nove e as dez e media da mañá o Xabarín ofrece debuxos animados en series como A Máscara, A Lexión de Superheroes, Codigo Lyoko, Minuscule, e os sábados, Doraemon, Sarxento Keroro e A Vida Moderna de Rocko. A programación da G2 empeza máis tarde, ás 13:45 horas, cos Teletubbies aos que lle siguen series como Doraemon, ou Detective Conan. As tardes (a partir das 19:40) son da Xeración Xabarín, bloque no que se emiten clips do Xabarín, parte do arquivo e vídeos musicais e reportaxes xuvenís.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Televisión de Galicia, Medios de comunicación, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)