A estrea de novos vÃdeos musicais de Roger de Flor e Os Silvestres e mais de Ruxe-Ruxe celebran os 18 anos do XabarÃn Club, o programa infantil da Televisión de Galicia. O programa, que se emite actualmente pola segunda canle da cadea autonómica, iniciaba a súa andaina ás seis da tarde do 18 de abril de 1994. Desde entón, deviu un auténtico fenómeno social, dando pé a sete discos, espectáculos ao vivo, series e todo tipo de mercadotecnia. A celebrar o aniversario, os centros de ensino CEP de Sequelo (MarÃn) e o EEI Monte de GuÃa (Vigo), organizaron unha programación especial achegando as versións de diferentes debuxantes sobre a mascota creada por Miguelanxo Prado. Ademais, farán obradoiros, sesións de ilustración e outras actividades.