Feijoo afirma que o Parlamento valorará converter La Coruña en topónimo oficial

Asegura que hai máis coruñeses a favor do topónimo bilingüe que a opción Galiza

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Era un eslógan xenérico para a campaña electoral local, pero pode converterse en algo máis. A proposta do PP coruñés de rescatar o topónimo “La Coruña” acaba de contar co beneplácito do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Este asegurou que se gaña o candidato do seu partido, o Parlamento valorará estudar a legalización da denominación bilingüe. O presidente asegurou que “hai moitísimos máis coruñeses a favor do topónimo bilingüe A Coruña-La Coruña que galegos de chamarlle Galiza a Galicia”. Cambiar a toponimia implica modificar a Lei de Normalización Lingüística, o que Feijoo vería viable “se o pleno municipal desa cidade (A Coruña) decide por maioría solicitar o cambio da lei, entón corresponderá ao Parlamento tramitar esa iniciativa”.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Lei de Normalización Lingüística