Feijóo está disposto a abrir a toponimia ao castelán

Apunta que lle corresponde ao Concello da Coruña solicitar a oficialización do topónimo nesa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Se o Concello da Coruña solicita que o topónimo en castelán da cidade sexa oficial o Parlamento iniciará un debate sobre esta cuestión. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, respondíalle onte aos xornalistas nunha rolda de prensa en Compostela que está disposto a que se discuta a cuestión da toponímia na cámara galega, e considera que se debe respectar o parecer dos cidadáns neste ámbito. Así, animou ao concello herculino a solicitar a revisión da Lei de Normalización Lingüística neste sentido, aínda que sinalou tamén que na súa opinión este "non é un asunto prioritario para Galicia".

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Lei de Normalización Lingüística, Alberte Núñez Feijoo, Santiago de Compostela