Leas lingüísticas na Coruña e en Vigo

A Xunta confirma que o topónimo herculino válido é o galego

| Santiago. Redacion | Seccións: Lingua
Compartir:

A Xunta manterá a Lei da Toponimia e non oficializará o nome castelán da Coruña. Así llo asegurou o Goberno á deputada socialista Mar Barcón en resposta a unha pregunta parlamentaria. Deste xeito, o PP deslixitima a proposta do seu concelleiro na cidade, Carlos Negreira, encol desta cuestión. Ao tempo, Ignacio López Chaves presentou, como concelleiro deste partido en Vigo, anunciou que presentará unha moción par modificar a ordenanza lingüística da cidade, aprobada hai máis de vinte anos. Segundo el,o texto que sinala que o galego é o idioma oficial do Concello debe indicar tamén que castelán comparte ese estatus.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Vigo, Negreira, Lingua galega

Claves

Conceptos