Volta a lea co topónimo castelán da Coruña

O PSdeG defende agora a posibilidade de sexan cooficiais as formas das dúas linguas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Malia a que parecía unha polémica xa enterrada, as declaracións a pasada fin de semana do alcalde da Coruña, Javier Losada, sobre a necesidade de oficializar o topónimo español da cidade abriron doutra volta esta cuestión. Onte, o secreatario dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, amosou o seu apoio á proposta de Losada. No cruce de acusacións políticas arredor desta cuestión, o PSdeG apunta que foi o PP, e mais concretamente, o seu concelleiro na Coruña Carlos Negreira quen abriu de volta esta cuestión, mentres o presidente da Xunta, Alberte Núñez Fiejóo, sinalou que lle corresponde ao concello aprobar no seu pleno a solicitude para que o Parlamento revise a lexislación correspondente.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, PsdeG, Manuel Vázquez, Negreira

Claves

Protagonistas
Entidades