Cada vez máis sólida a proposta de declarar a Ferrol Capital da Cultura

Ferrolcultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Cando aínda está moi recente a Capitalidade Europea da Cultura de Santiago, en Ferrol continúan sumando adeptos para solicitar a declaración da cidade departamental como Capitalidade Cultural de Europa. Os últimos apoios chegaron dos presidentes da Academia de Belas Artes e da cámara de comercio ferrolana.

¿Ferrol?

O presidente da Academia de Belas Artes, Xulio Argüelles, e o responsable da Cámara de Comercio de Ferrol, Francisco Cruz Senra son os últimos apoios que acaba de recibir a candidatura que propón a cidade ferrolana como capitalidade cultural. Estes apoios, de carácter persoal, poderán considerarse proximamente como os apoios dos propios grupos. O próximo día 27 os académicos oficializarán o respaldo á proposta de declarar Patrimonio da Humanidade á cidade departamental e, de paso, abordar a proposta da capitalidade.

O pasado: Santiago

Mentres en Santiago continúan a resaca da capitalidade cultural, na que o Conselleiro de Cultura ofreceu os últimos datos. Este ano chegaron uns 4´5 millones millóns de visitantes e que xeneraron un 440.000 millóns de pesetas e que sitou a taxa da ocupación hoteleira no 53%.

O presente: Porto


Pola súa banda, a cidade de Porto acaba de tomar o relevo de Santiago, e comparte con Rotterdam a capitalidade cultural. Un evento que conta coa nova Casa de Música que supón o emblema da Capitalidade Europea da Cultura. De tódolos xeitos, o principal ciclo de referencia será "Teatros do Outro", que ata xullo reunirá a profesionais con xente que nunca se achegou ós escenarios. A programación do semestre complétase con cursos, reforzamento dos festivais e un coloquio internacional sobre a figura de Strindberg no mes de Abril.

Que che parece esta nova?
11 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Belas Artes, Academia de Belas Artes, Europa...