Arte para vestir

Carlos Maciá imprime as súas gamas cromáticas as prendas de Loewe

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Arte para vestir

Estamos afeitos a que as creacións téxtiles sexan, en si mesmas, unha obra de arte. Pero non é tan habitual que as casas de moda recurran a artistas para estampar as súas prendas. Entre os escasos exemplos que existen no mercado, destaca a última colección de Loewe, no que o artista galego Carlos Maciá (Lugo, 1977) fixo o deseño dunha serie de panos. “Trátase dunha interpretación moi libre dun modelo clásico da serie Tauromaquia, unha peza tradicional desta firma” apunta Maciá que explica a dificultade de levar ao téxtil a súa viveza de cores. E para presentar esa fusión entre moda e arte, Maciá fará o vindeiro día 14 de outubro o escaparatismo da tenda insignia desta coñecida firma (en Gran Vía 8, Madrid), que inclúe tamén a elaboración dunha obra de arte para esa tenda que se estrea como sede das exposicións da fundación asociada á casa de moda.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Exposicións, Madrid, Lugo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares