Dúas galerías galegas estarán presentes nesta edición de Arte Santander

Carlos Macía acudirá da man da mallorquina SLK

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

É unha feira pequena que hai ano e medio deu un cambio de dirección para amosar unha liña de traballo máis próxima a unha bienal, dentro dun formato comercial, para exhibir as claves das galerías cun “Solo Project”. Artesantander presenta este ano 42 galerías e 57 artistas entre as que destacan nomes galegos. Como galerías estarán a santiaguesa SCQ e a viguesa PM8. Esta última presenta o proxecto “Útiles para un cumio europeo sobre os principios herméticos do desenvolvemento” de Carlos Fernández-Pello (Madrid 1985). Doutra banda, o artista galego Carlos Maciá tamén estará presente da man da galería mallorquina SLK. A cita desenvólvese do 18 ao 22 deste mes de xullo en Santander.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Carlos Fernández, Feira, Madrid

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares