Tres galerías galegas presentes en Room Art Fair, unha cita para os máis novos

As propostas exhibiranse nas habitacións dun hotel, que á súa vez son tamén aloxamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Tres galerías galegas presentes en Room Art Fair, unha cita para os máis novos

Room Art Fair é unha feira de arte que apoia a artistas e galerías que comparten un denominador común: a súa xuventude. Ese criterio temático refórzase cunha proposta atractiva xa que a feira desenvólvese no interior dun hotel (Praktik Metropol de Madrid) que permite exhibir a obra de día e durmir de noite nas mesmas habitacións. No listado de galerías hai tres citas galegas, About Art, A.dFuga e Metro Arte Contemporánea. Propostas innovadoras e arriscada, obras de pequeno e mediano formato e con prezos aptos para todos os petos. A cita, do 23 ao 25 de novembro en Madrid.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Madrid, Xuventude

Claves

Conceptos
Lugares