Propostas de alto risco

Trinta, Marisa Marimón e PM8 exhiben as propostas emerxentes en JustMAD

Ten só tres anos pero a súa proposta atractiva, coherente e moi vangardista, fai que moitos a convertan na segunda feira máis destacada da arte contemporánea do mes de febreiro en Madrid. É JustMAD, o encontro que se celebra no garaxe do Hotel Silken cun formato de showcase. A máis atrevida das citas madrileñas (coincide no tempo con ARCO e ART Madrid, entre o 16 e o 19 de febreiro) contará coa presenza de tres galerías galegas: a santiaguesa Trinta, a ourensá Marisa Marimón e a viguesa PM8.

“JustMAD é una feria de formato “show-case” dedicada á arte contemporánea emerxente que está orientada a un segmento moi concreto como é a arte nova e a arte da vangarda” explica Asunta Rodríguez, directora da Galería Trinta. Depois de moitos anos de traballo asistindo a ARCO, cansada da orientación que collía a feira decidiu, por criterio propio trasladarse a ART Madrid, pero o estilo desefandado e a coherencia de JustMAD fixo que con só tres edicións, decidirá cambiar de feira. “Gústanos o risco e a investigación” afirma Asunta.

Na súa primeira edición JustMAD reuniu a uns 7.000 visitantes, na segunda edición o número medrou ata os 18.000 visitantes e prevén que esta terceira edición acabe por ser o despegamento definitivo. A itinerancia entre ARCO, ART Madrid e JustMAD que trazou Trinta é compartido tamén por Marisa Marimón. A galería ourensá tamén aposta por este encontro neste 2012. Canda estas dúas referencias, unha galería nova PM8, que asume o reto con moita “alegría e ilusión” despois de catro escasos meses aberto ao público. “PM8, explica o seu responsable, Francisco Salas, pretende ser un lugar de investigación que axude a por en contexto e descubrir el traballo de artistas emerxentes nacionais e internacionais. O programa que se irá desenvolvendo de modo gradual e con temporadas expositivas máis cortas, 6 exposicións ao ano”.

Entre o risco e a innovación
Se toda a arte contemporánea non é apta para clásicos, JustMAD é a radicalización dese concepto. Por iso, as galerías apostan polo máis novidoso e recente da súa liña de traballo. “Como a feira ten un perfil diferente, hai que preparar artistas novos, distintos dos que adoitamos levar a feiras, e que fai parte dese proceso de investigación e de busca que facemos” explica Asunta. Nese sentido, a galería aposta por Mar Vicente, por Miguel Ángel Moreno e Miguel Angel Molina.

Son case tan novos como a propia galería. PM8 estréase ao mesmo tempo con aposta e feira, xa que esta galería ten só uns meses de andaina. Olmo cuña (Vigo 1983) e Jesús Pedraza Villalba (Córdoba 1978) son os dous artistas que estarán presentes na feira (os dous tamén participaron na traxectoria que ten a galería). O seu responsable, Francisco Salas, confía que nesa feira continúen a primarse os contidos artísticos de calidade e rigor por riba dos comerciais.
Completa a presenza galega nesta edición de Just Mad, a galería ourensán Marisa Marimón. Antón Cabaleiro, Tamara Feijoo e Vicente Blanco son os tres artistas cos que estará presente neste encontro.

As novidades desta edición
A feira estrea este ano un novo espazo, o parking do Hotel Silken Porta América acondicionado para o evento pola arquitecta italiana Teresa Sapey, así como novas seccións (PUBLISHERS’CORNER e FOREVERTONIGHT). En total participarán 60 galerías neste encontro que dirixie artisticamente Giulietta Speranza e que organiza Art Fairs, empresa responsable de MADRIDFOTO.

Pero esta feira non só se reduce aos baixos do hotel, nos que está situado o garaxe reconvertido en espazo expositivo, senón que a arte tamén se traslada ás exposicións. Dunha banda, en Forevertonight, as habitacións (deseñadas entre otros, por John Pawson, Zaha Hadid, Katrin Findlay, Jean Nouvel, Ron Arad, Norman Foster ou David Chiperffield, convertasen en espazos visitables en horario de apertura da feira. De noite, a habitación estará dispoñible para os usuarios que fixeran a súa pernoctación. A outra, novidade, Publishers´corner pretende trasladar ese aspecto innovador da arte ao sector das publicacións. Iso implica abrir un espazo para a interacción, o descubrimento e a experimentación dos medios sobre papel.