As galerías galegas respaldan o proxecto de Art Madrid coa sua presenza

Trinta, Marisa Marimón, Metro e Moret Art son as entidades presentes en Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Malia que se desenvolve nas mesmas datas que ARCO (a feira de galerías de arte contemporánea máis antiga de España), as galerías galegas prefiren Art Madrid. As xa recoñecidas Trinta e Marisa Marimón, xunto coas máis novas Metro e Moret Art están presentes neste encontro que comeza mañá e que presenta unha novidade importante na que será a súa quinta edición: Art Madrid creará unha colección propia formada por obra orixinal, non seriada creada nos últimos corenta anos. Salvador Cidrás, Berta Cáccamo, Pamen Pereira, Olmo Blanco ou Cristina Moroño son algúns dos artistas que presentarán obra neste encontro que se desenvolve ata o 21 de febreiro.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Marisa Marimón, Moret Art, Pamen Pereira...