ART Madrid contará coa presenza de catro galerías galegas

Trinta, Metro, Moret Art e Art Next achegaranse á feira entre o 16 e o 20 de xaneiro

14/1/2011 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
2 lecturas | Compartido 0 veces
Ao igual que o ano pasado, serán catro as galerías galegas que van participar en Art Madrid. Recuncan da última edición, Trinta, Metro e Moret Art, e Art Next substitúe a Marisa Marimón na delegación galega. En total, haberá no evento 60 galerías, na súa maior parte chegadas de España. O programa inclúe un Artshow no que se poderán ver oito instalacións artísticas que propuxeron as diferentes galerías e que seleccinou Asunta Rodríguez, da compostelá Galería Trinta.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares