É un formato que xa leva tempo funcionando nas grandes cidades e chega agora a Santiago. O equipo de Territorio Creativo, formado por Patricia Amil, Paula Cabaleiro e Xulia Santiso son as encargadas de adaptalo ao contexto galego. O encontro, que se desenvolve entre o 29 de novembro e o 1 de decembro, pretende achegarse á arte contemporánea. Cuarto público é o nome desta feira de arte novo e independente que busca a interación entre galeristas, comisarios, editoriais, crÃticos e xestores culturais pero sempre tendo ao artista no centro das súas olladas. En canto á forma, as habitacións dun hotel (neste caso o NH de Santiago) acollerán comisariados, debates, conferencias, performances e outras manifestacións culturais.