Informe: cuestión de hábito

O Observatorio destaca a dependencia dos mozos galegos das novas tecnoloxías no consumo da cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: TecnoloxíaSociedade
Compartir:

Internet, móbil, mp3, video consolas... e, por suposto, todo gratis. Estas son as principais características dos hábitos culturais dos mozos en Galicia segundo un informe elaborado polo Observatorio da Cultura Galega. A partir de tres grupos de discusión entre estudantes de ESO e Bacharelato e tendo en conta as variables do hábitat e do nivel de estudos, o estudo conclúe que existe unha dependencia absoluta das novas tecnoloxías cando se trata de acceder a contidos e actividades culturais. Ademais, o estudo destaca que os mozos consideran que as entradas para calquera evento cultural son caras e que se pode acceder de forma gratuíta á música e ao cine que lles gusta.

O informe fai parte dun proxecto internacional con observatorios da Cultura do País Vasco, Cataluña, Italia, Francia e Canadá. Este estudo, que é o primeiro destas características que se fai en Galicia, constituirá unha base tanto cuantitativa como cualitativa para estudos posteriores neste ámbito. Xuntamos un adianto do traballo.

O estudo ten por obxecto, tal como vén especificado no documento anexo, obter unha impresión cualitativa para profundar nos hábitos e as prácticas culturais da mocidade. O obxectivo xeral é identificar os discursos, sentidos e actitudes da mocidade en relación ao consumo e a práctica cultural e o uso de novas tecnoloxías e novos formatos e soportes atendendo ao nivel de estudos e o sexo.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ESO, Bacharelato, Internet, Cine...