O Centro IBBY da Cidade da Cultura está en suspenso

As circunstancias económicas obrigan a adiar o proxecto

9/9/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

A minoría cultural e lingüística era o motor dun acordo coa Xunta para crear na Cidade da Cultura un Centro IBBY (siglas en inglés da Organización Internacional para o Libro Xuvenil). A proposta, que complementaba o proxecto do Museo dos Nenos ideado polo anterior goberno, pretendía crear a primeira biblioteca internacional especializada en estudo e divulgación da literatura escrita para a infancia e a xuventude. Sen embargo, o proxecto está no aire, tal e como confirmou a La Voz de Galicia, María Jesús Gil, presidenta da Oepli. As circunstancias económicas imposibilitaron concretar o proxecto que se suspende coa intención de recuperalo máis adiante.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Literatura, La Voz de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia