Proxectos de arte, teatro e audiovisuais para a conmemoración do centenario de María Casares

A Xunta avanza a intención de levar a adiante un proxecto teatral co CDG para a efeméride

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A Xunta de Galicia ven de anunciar que conmemorará o vindeiro ano o centenario do nacemento de María Casares cunha programación diversificada e plural que incluirá proxectos vinculados á escena, ao audiovisual, á arte, así como do eido editorial. Entre os obxectivos declarados dese o executivo está o de crear un proxecto ligado a teatro, da man do Centro Dramático Galego (CDG), coa colaboración de diferentes institucións, tanto de Galicia como doutros territorios, para favorecer a visibilidade internacional da artista coruñesa nada en 1922. Con esta programación o Goberno autonómico quere promover o traballo de María Casares tanto dentro como fóra da Comunidade, e afondar no seu legado.

María Casares, filla de Santiago Casares Quiroga, ministro e xefe de goberno da República Española con Manuel Azaña, tras o Golpe de Estado fascista de 1936 a familia exíliase a Londres e logo París. Nesta cidade comezará a súa traxectoria profesional no teatro en 1941. Alí triunfou como actriz de teatro e cinema. Protagonizou varias obras escritas por Albert Camus e representou obras de Sartre, Jean Anouilh, Jean Cocteau, Genet e Claudel, chegando a converterse en musa do existencialismo francés. En 1996, María Casares aceptou que os premios de teatro de Galicia levasen o seu nome, mais faleceu antes de que puidese celebrarse a primeira edición.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Casares, Teatro, Centro Dramático Galego, Xunta de Galicia...