Marilar Aleixandre ingresa no Comité Executivo do Ibby

Fai parte do comité de dez persoas que bianualmente deciden as estratexias desta entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Marilar Aleixandre nas Tertulias Literarias do CCG

Marilar Aleixandre nas Tertulias Literarias do CCG

O peche do Congreso Ibby de Literatura Infantil e Xuvenil que se desenvolveu en Compostela deixou unha novidade importante para a cultura galega. A escritora Marila Aleixandre acaba de ser nomeada membro do Comité Executivo da organización. Isto significa que fai parte do grupo de dez persoas que bianualmente definen as actuacións e programas desta entidade encargada de velar pola literatura infantil e xuvenil no mundo. A asemblea xeral que decidiu o nomeamento de Aleixandre, felicitou a Gálix (sección en Galicia de OEPLI) pola organización do congreso. Entre as decisións tomadas tamén figura a de María Jesús Gil, editora española, nova presidenta do xurado dos premios Hans Christian Andersen.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Marilar Aleixandre, Hans Christian Andersen, GÁLIX...

Claves

Entidades
Conceptos