Un grupo de intelectuais presentou onte o manifesto Os medios en galego importan, no que reclaman unha maior participación dos diferentes axentes sociais na defensa e mantemento de medios de comunicación en galego. Á Administración demanda que "poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer en axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto". Aos cidadáns porque son "os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio". E aos anunciantes porque "nun país onde tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse, logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego". Entre os asinantes están Manuel Rivas, Ramón Chao ou Suso de Toro, entre outros.
Texto do manifesto:
Os medios en galego importan
Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sos. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.
Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un trás doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto. Demandamos das administracións públicas que tome a decisión de axudar ós medios en galego porque é xusto, porque o merecen e porque se lles debe.
Ningún lector ou espectador deste país pode tampouco declararse alleo ou ausente cando pechan un trás outro os medios que se fan na nosa lingua. Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores, as audiencias e os anunciantes. Algo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. A desaparición dos medios no noso idioma non é un problema nin unha responsabilidade da administración, é un problema e unha responsabilidade de todos.