Achegar "instrumentos de financiamento ao servizo da potenciación e difusión dos medios de comunicación" que "defendan a identidade de Galicia e os seus intereses, a súa lingua, a súa cultura e, en xeral, a galeguidade entendida como vÃnculo histórico dos galegos de dentro e fóra de Galicia" é o obxectivo da convocatoria de axudas da SecretarÃa Xeral de Medios da Xunta que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. En total, a liña de subsidios conta con 1.675.000 euros que se distribuirán entre xornais impresos en formato papel (1.255.000), empresas radiofónicas privadas (266.400) e "empresas xornalÃsticas que difundan a súa actividade informativa mediante a internet" (153.600).
No caso dos xornais impresos, a convocatoria esixe que teñan empreguen a lingua galega "como mÃnimo nun 8% do total da súa información", mentres para as radios a esixencia chega ao 50% da programación. No caso de emisoras que fagan parte de redes estatais só se aplicará esta esixencia ás desconexións para o noso paÃs. Ademais, detállase que "nas informacións redactadas en castelán respectarase a lingua das declaracións da fonte ou da persoa entrevistada, sempre que as citas sexan transcritas en estilo directo" e apúntase a que o medios deberán adoptar o galego como lingua de contacto inicial cando entrevisten a "representantes dos cidadáns e cargos de responsabilidade pública".