O bo momento de José Domingo

O autor prepara unha serie de viñetas para o IPhone, dispoñible en varios idiomas

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O bo momento de José Domingo

José Domingo (Zaragoza, 1982) está de actualidade por varios motivos. En primeiro lugar, figura entre as firmas que seleccinou a web holandesa StripSter para un número especial dedicado ao cómic español. En segundo lugar, é un dos autores de Destrocio, unha bada deseñada de catro páxinas de carácter didáctico na que un grupo de mozos emprega o seu tempo de lecer afastado de bares, discotecas e consumo de alcol e outras substancias. Por último, Domingo está a traballar intensamente cunha editora catalana para preparar unha serie de viñetas para o IPhone. Serán cinco historias curtas e sen texto para que poida estar en varios idiomas que estarán listas para final de ano.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Zaragoza

Claves

Conceptos
Lugares