José Domingo publica El gran Flaffy, a súa BD para iPhone

O galego tamén publicará Aventuras de un oficinista japonés en España e Francia

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de El gran Flaffly de José Domingo

Capa de El gran Flaffly de José Domingo

El gran Flaffy é o título da BD que o galego José Domingo vai publicar antes dun mes para o iPhone e dispositivos táctiles. Segundo explica o autor, a obra consta de cinco historias de dúas páxinas mudas e cunha organización de páxina fixa, protagonizadas por un can. O proxecto, editado por Altercomics a través do catálogo Ave! Comics, sairá en castelán, francés, inglés e coreano. Ao tempo, o galego editará este mesmo ano con con Bang Edicións Aventuras de un oficinista japonés, un albúm mudo a cor que terá aproximadamente 90 páxinas e sairá simultáneamente en España e Francia.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francia, Lingua galega

Claves

Conceptos
Lugares