Astiberri publicará o novo traballo de José Domingo

Conspiraciones fai parte da colección sobre lendas urbanas da editora vasca

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Astiberri publicará o novo traballo de José Domingo

Logo do éxito do seu Aventuras de un oficinista japonés, o debuxante José Domingo editará o vindeiro mes de maio a súa nova banda deseñada. Conspiraciones, que verá a luz da man da editora vasca Astiberri, é un volume de 64 páxinas a bitono de pequeno tamaño (16x12 cm) no que o autor reflexiona con humor sobre as sociedades secretas e o seu empeño por controlar o mundo. A obra será o segundo número da colección Leyendas Urbanas, dedicada a explorar diferentes aspectos dos mitos modernos, e sae á venda por 10 euros.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astiberri, Humor, Banda deseñada

Claves

Entidades