Prado, Rubín e José Domingo publican en Astiberri

Unha homenaxe a Cervantes e mais unha obra infantil son as novidades dos autores galegos

25/9/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
29 lecturas | Compartido 0 veces

Miguel EN Cervantes. El retablo de las maravillas é o título que asinan Miguelanxo Prado e David Rubín e que verá a luz o vindeiro mes de outubro da man da editora vasca Astiberri. O volume mestura ilustración, a cargo de Prado, que repasa a biografía do autor, con banda deseñada, na adaptación de Rubín fai da obra El retablo de las maravillas. O proxecto funciona como catálogo da exposición homónima que se pode ver en Alcalá de Henares a partir do vindeiro 16 de outubro. Outro galego, José Domingo, presenta tamén novidade na firma vasca este outono. Pablo & Jane en la Dimensión de los Monstruos é un álbum de 48 páxinas a cor para os máis novos que verá tamén edición en inglés da man de Flying Eye Books.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Entidades
Conceptos
Lugares