BDs galegas entran nas listaxes das mellores de 2011

El héroe e Aventuras de un oficinista japonés acaparan as mencións

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Páxina de Aventuras de un oficinista japonés

Páxina de Aventuras de un oficinista japonés

A coincidir co final de 2011, críticos e medios de todo o estado están a publicar as súas listaxes das mellores obras de banda deseñada que se editaron ao longo do ano. A facer un repaso das mesmas atopamos que a presenza de obras galegas en varias destas escolmas se reduce ao primeiro volume de El héroe, de David Rubín e mais ao recente Aventuras de un oficinista japonés, de José Domingo, aínda que ámbalas dúas recuncan en diferentes propostas.

Deste xeito, no web de CRTVE aparece a obra de Rubín entre as máis destacadas, mentres Globedia lle dá o terceiro posto. O recoñecido crítico Álvaro Pons, no entanto, prioriza na súa selección o traballo de José Domingo que ocupa o posto 11 dos vinte escolleitos.

A nivel galego, Rubén Santamarta destaca no seu blog de La Voz de Galicia o traballo de Jacobo Fernández, co seu Lois Pereiro. Breve encontro, para alén de incluír o xa mentado traballo de Rubín. Tamén en clave galega, o blog de Alita Cómics salienta como mellor obra de 2011 a de José Domingo, mentres o crítico Octavio Beares pon El héroe como terceira mellor obra.

O traballo de autores como Miguel Porto logra tamén o seu recoñecemento coas mencións que obtivo o volume colectivo Yes we camp!, presente na listaxe de ABC.

Outras listaxes consultadas como as dos blogs Abandonad toda esperanza ou Little Nemo's Kat, ou o web La central non inclúen galegos nas súas preferencias.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Banda deseñada, Lois Pereiro, Álvaro Pons...