Abertas as votacións ao Mellor de 2011 en Entrecómics

Editoras galegas participan no certame achegando lotes de bandas deseñadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Logo de Entrecomics

Logo de Entrecomics

Están en marcha as votacións para escoller as mellores bandas deseñadas de 2011 que convoca cada ano o web Entrecómics. Ata o vindeiro 31 de xaneiro, calquera internauta pode votar nas quince categorías abertas e propor os nomes que considere oportunos. Deste xeito, están xa a concurso obras de autores galegos como Aventuras de un oficinista japonés de José Domingo ou El héroe de David Rubín entre outros. Os galardóns, que polo seu carácter popular están a se consolidar entre os mellor considerados do Estado, contan tamén para unha categoría dedicada a obras publicasa en catalán, euskera e galego.

As editoras galegas Demo e El Patito Editorial achegan ao certame cadanseu lote de obras que se sortearán entre os votantes.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Demo, El Patito Editorial

Claves

Protagonistas
Conceptos