O salón da Coruña repite éxito nun ano marcado polo chapapote

Despois de Viñetas

Cumpríronse os augurios positivos e "Viñetas desde o Atlántico" nesta súa sexta edición de 2003 repetiu a cifra de sesenta mil visitantes. No ano de maior contribución desde Galicia (ata un total de cinco títulos de BD galegos, catro no noso idioma), destacou o éxito de "H2OIL", o álbum do Colectivo Chapapote, que vai camiño de esgotar a súa primeira edición. Varios autores do grupo presentarán o cómic o vindeiro domingo 24 ás 13:00h na Feira do Libro en Carballo. Ata ese mesmo día se poden visitar as exposicións de Viñetas na Coruña. Non son alleos á forza do cómic de Galicia nin os medios nin os editores de fóra. La Guía del Cómic dedicou un espacio privilexiado ao tema do Prestige e ás publicacións galegas, mentres varios dos nosos autores comezaron negociacións con editores españois para a publicación dos seus novos proxectos.



Le esta entrevista a M.Prado como director de Viñetas. Podes ver o especial sobre H2OIL do Colectivo Chapapote e visitar La Guía del Cómic