O debuxante coruñés Gochi está de actualidade con diversos proxectos

Gochi pleno de novidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
David Prieto Seijo, "Gochi" gañou o primeiro premio na categoría de adultos do Concurso de Cómic de Moaña coa obra “O meritorio”, que trata o tema dos medios de comunicación. Esta historia autobiográfica de tres páxinas en branco e negro valeulle ao autor coruñés os cen euros en metálico do galardón, ademais doutros sesenta en material editorial. Mentres continúa a serie “Trasmaño” na revista "Golfiño" facendo tándem co colorista Juan Martín, Gochi prepara numerosos proxectos como a súa participación no vindeiro álbum de BD do Colectivo Chapapote. Entre os seus próximos traballos destaca a continuación de “Cerditos de Guinea”. O debuxante anuncia para o vindeiro “Viñetas desde o Atlántico” (agosto de 2003) a saída do número 1 desta súa serie autopublicada, que planificou para oito entregas ademais do xa publicado número cero. Os números 1 a 8 contarán con dezaseis páxinas e conterán tamén ilustracións feitas ex profeso por outros autores.

Consulta a ficha de Cerditos de Guinea e o web do Colectivo Chapapote

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gochi, Chapapote, Cerditos de Guinea, Medios de comunicación...