Cultura resolve as axudas a creación de banda deseñada

Anuncia que creará un portal do cómic dentro da Biblioteca Dixital da Biblioteca de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Alleos, de Idoia de Luxán Vázquez; Instant Power, de Pablo Álvarez Rosendo; Punto de fuga, de Miguel Cuba Taboada; A historia xamais contada xamais contada, de Mariano Casas Gil; O regreso do caralludo sr. Mundo, de Alfonso Martínez López e Destino Hërgüss, de Manuel Pena Villar (Manel Cráneo) son os beneficiarios das axudas a creación de banda deseñada galega. Así o fixo público a Xunta a través do seu boletín oficial o pasado venres. Agora, os autores disporán de doce meses para a elaboración do proxecto elexido. A contía das bolsas, que ascende a 28.063 euros pretende favorecer a edición de historias longas de banda deseñada en galego. Cultura anunciou a intención de traballar na política de adquisicións de cómic para as bibliotecas e así crear hábitos de lectura de banda deseñada tanto na poboación infantil e xuvenil como na adulta, ademais de anunciar a creación dun portal do cómic dentro da Biblioteca Dixital da Biblioteca de Galicia.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Cómic, Biblioteca de Galicia, Manel Cráneo...