As bibliotecas galegas incorporarán actividades de dinamización de BD

O web da Biblioteca de Galicia acollerá unha sección dedicada á novena arte

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura desenvolverá ao longo de 2010 diferentes actividades de dinamización arredor da banda deseñada na rede de bibliotecas de Galicia. Francisco López Rodríguez, responsable do departamento anunciou o desenvolvemento dun programa que pretende achegar exposicóns, obradoiros e outras actividades a estes centros con vistas a crear hábitos de lectura de BD, tanto na poboación infantil e xuvenil como na adulta. De xeito paralelo, Cultura anunciou que destinará 100.000 á adquisición específica de obras de BD galega para as bibliotecas, que se sumarán a outras partidas xa executadas para incorporar obras da novena arte aos centros de lectura. A maiores, o web da Biblioteca de Galicia acollerá unha sección dedicada á BD galega. Polo momento, están a itinerar por diferentes concellos do país as mostras Miña terra galega e Viñetas descubertas, que xa se puideran ver na última edición do Saló del Còmic de Barcelona. No encontro que mantivo onte con representantes do sector da BD, López Rodríguez reafirmou tamén o seu compromiso de que a novena arte do país estea presente en feiras internacionais e anunciou que o seu departamento traballa para modificar a polémica convocatoria de axudas á creación de banda deseñada.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Biblioteca de Galicia, Banda deseñada, Saló del Còmic de Barcelona