A Asociación Galega de Galerístas apunta que as ventas baixaron á metade

Desaparece o cliente esporádico deste tipo de negocios

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Son malos tempos para a cultura e as galerías de arte non escapan a esa tendencia. Xornal de Galicia publica hoxe unha reportaxe na que dá conta da situación das galerías de arte ante a crise. A presidenta da Asociación Galega de Galerías, Asunta Rodríguez, apunta que no 2008 (último ano do que se teñen cifras) descendeu a metade o número de vendas. Ademais, este medio apunta que as galerías se manteñen grazas á fidelización dos seus clientes, ao tempo que a crise fixo desaparecer aquel comprador ocasional (persoa nova, de poder adquisitivo medio e profesional liberal) que agromara nos anos de bonanza. Ademais, desde as diferentes galerías consultadas apuntan que en época de crise o mellor vendido son os nomes clásicos e non todos os xénero se venden igual (preferencia da fotografía sobre a escultura).

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galerías de arte, Fotografía, Xénero, Clásicos...