A crise de Filmax aféctalle a Bren Entertainment e a Castelao Productions

A dirección da CRTVG non poderá convocar as oposicións a este ente

2/8/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A débeda de 174 milóns que acumula o grupo Filmax levou aos seus responsables a convocar concurso de acreedores sobre varias das compañías vencelladas ao mesmo. A medida afectará a Castelao Productions e a Bren Entertainment, divisións galegas do conglomerado audiovisual. Quedan fóra destas medidas Castelao Pictures ou Producións A Fonsagrada, tamén radicadas no noso país. Pola súa banda, a convocatoria de emprego público que acordara a dirección da CRTVG cos representantes sindicais e mais co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non se poderá convocar como estaba previsto. O Consello de Administración da Compañía rexeitou a pasada semana a proposta de cadro de persoal presentada polos responsables do ente. A situación deixa en suspenso o proceso de consolidación de emprego longamente demandado polos traballadores da compañía.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Filmax, CRTVG, Fonsagrada...