A CRTVG obtivo superávit no ano 2009

A compañía tivo un orzamento de 146.9 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

No marco da dixitalización, de aparición da TDT e de revolución dos hábitos de consumo, o ente CRTVG, que xestiona a televisión e a radio pública do país, presentou un balance positivo, con 1.96 millóns de euros de superávit. O seu director-xerente, Alfoso Sánchez Izquierdo, presentou as contas (146.9 millóns de euros de orzamento) perante o Consello de Administración da Compañía marcados pola caída progresiva da facturación comercial e sustentada en nun gasto condicionado polo capítulo de personal (na nota de prensa definírono como “continxencias xeradas polos traballadores que prestan servizos externos nas produtoras de informativos”, así como a reducción dos postos directivos) combinada co mantemento dos criterios de “servizo público” nas programacións.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, TDT, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)