Sesenta colectivos participan na creación do Lalinlab

O proxecto pretende xerar emprego e innovar no campo da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O alcalde de Lalín, José Crespo e mais Beatriz García, da empresa E-Burbulla, presentaban onte na capital do Deza o proxecto Lalinlab. A iniciativa pretende constituír un centro de referencia no campo da cultura, centrado na creación, a investigación e a formación. Nese sentido, o proxecto quere contar coa participación de preto de sesenta asociacións do concello e dinamizar o sector con vistas a facer da cultura un sector económico. No seu estudo previo para o proxecto, E-Burbulla concluíu que Lalín conta cun importante tecido asociativo neste campo, centrado en grande medida na cultura tradicional.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Asociacións, Deza

Claves

Conceptos
Lugares