O alcalde de Lalín reclama a Cultura que participe no financiamento do Conservatorio Folque

Folque compartido

12/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Xosé Crespo, alcalde de Lalín, solicitou onte por segunda vez á Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural a coparticipación da Xunta de Galicia nos gastos de financiamento do Conservatorio Folque da localidade, fundado no ano 2000. Segundo Crespo, "resúltanos cada vez máis complicado manter un centro único en Galicia no ensino da música tradicional galega". A alcaldía solicita da Consellería de Cultura unha achega de 24.000 euros, que corresponderían ao financiamento da metade do custe anual dos docentes.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Xosé Crespo, La Voz de Galicia, Xunta de Galicia...