Lalín oferta 62.000 euros para manter o Conservatorio Folque en 2008

Reviravolta folk

19/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Os orzamentos do Padroado de Cultura de Lalín prevén un orzamento para o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de 62.000 euros. A partida, moi por baixo dos 150.000 euros anuais que, segundo o Padroado, reclama a actual dirección, é aproximadamente a mesma que nos últimos anos. Ao tempo, o organismo municipal denunciou a escasa presenza de alumnos de Lalín no centro e adiantou a posibilidade de orientar este conservatorio nun sentido máis local. Ao tempo, o voceiro do Padroado, Saturno Valdés, apuntou que é posible a actual directiva xa teña acordado desenvolver o seu traballo noutro concello.

Máis información en La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra (en pdf), en El Correo Gallego, e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Pontevedra, Folk, Diario de Pontevedra...