O Conservatorio de Música Folque de Lalín recupera cun libro e cun disco o histórico grupo Os Dezas de Moneixas

O retorno dos Dezas

13/1/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O equipo documental do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín presenta o vindeiro venres dezaseis o disco e libro “Os Dezas de Moneixas”. Este traballo recolle a historia e varias gravacións até o de agora inéditas deste histórico grupo de gaiteiros, que iniciou a súa actividade en 1927 e só desapareceu nos anos oitenta, consolidándose coma un referente da música tradicional do país a pesar de non teren publicado un só disco. A presentación desenvolverase no museo Ramón María Aller de Lalín.

Máis información no web do conservatorio; e en Ouvirmos.com

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Ramón María Aller, Documental

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares