Preséntase o novo curso do Conservatorio Folque de Lalín mentres La Opinión entrega o seus premios musicais

Curso e premios en clave de folk

8/10/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín presenta este sábado día nove o seu novo curso, que contempla varias novidades de importancia. Segundo informa a directora do centro, Ugia Pedreira, entre as máis destacadas está a apertura da Escola Folque Infantil ou a constitución da Asociación de Amigos do Conservatorio. Tamén neste curso se incorpora á docencia Guadi Galego, voz de Berrogüetto e abre a nova web do centro. Case coincidindo con este evento, a noite do venres oito, o xornal “La Opinión” entrega os seus terceiros premios de música folk, nun acto no que interveñen algúns dos máis destacados intérpretes deste xénero.

Máis información sobre o novo curso do conservatorio neste web; sobre os premios de La Opinión no xornal

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Opinión, Lalín, Folk, Guadi Galego...

Claves

Conceptos
Lugares