O Conservatorio Folque trasládase en Santiago para ampliar o seu proxecto musical

Dosier: Conservatorio Folque

12/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O mes de outubro arrancará un novo curso académico do Conservatorio de Música Tradicional e Folque. Faráo con imporantes novidades xa que o proxecto dirixido por Ugía Pedreira deixa Lalín para trasladarse as instalacións da Escola de Altos Estudos musicais en Santiago, despois de conseguir apoios da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, do Consorcio de Santiago e da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). A iniciativa deixa de depender do padrodado de Lalín despois de que o concello evidenciara que non podía custear os 150.000 euros que supuña a amplicación do proxecto. Coñece a traxectoria no noso dosier.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Culturagalega, Consorcio de Santiago, Axencia Galega das Industrias Culturais...