A Universidade de Santiago e o Conservatorio de Música Folque de Lalín organizan o primeiro curso de posgrao de Música Tradicional

Posgrao de tradición

21/10/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Xa está aberto o prazo de matrícula do I Curso de Especialización en Música Tradicional Galega organizado polo Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín e a Universidade de Santiago. Este curso, que se impartirá durante as fins de semana a partir do vindeiro vinteoito de novembro, achegará aos participantes unha formación fundamentalmente teórica sobre o estudio e a interpretación de música tradicional, aínda que incorpora tamén varias sesións prácticas para intérpretes que conten con algunha experiencia neste eido.

Máis información no web do curso e no noso tema sobre o Conservatorio Folque de lalín

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Culturagalega

Claves

Entidades
Lugares