Roberto Varela anuncia un conservatorio folk en Lalín

O equipo que levaba o anterior centro trasladouse a Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O traslado do equipo do Conservatorio Folque de Lalín para a Central Folque de Santiago de Compostela deixara a capital dezana sen o seu centro de ensino de música tradicional. No entanto, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciou este sábado a apertura dun novo espazo dedicado á formación neste ámbito en Lalín. A intención de Varela é "convertir este pobo no centro de referencia de Galicia en música" atendendo á solicitude que o rexedor local, Xosé Crespo, lle fixera neste sentido. Do mesmo xeito, Varela garantiu apoio para outras iniciativas locais coma a banda de música, a declaración do Pazo de Liñares coma Ben de Interese Cultural ou a creación dun centro dedicado ás artes visuais.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Roberto Varela, Folk, Xosé Crespo...