Non cabe dúbida de que nos últimos anos a Cidade da Cultura se convertiu un proxecto fulcral da polÃtica galega. Investimentos millonarios, mudanzas de contidos, atrasos e todo tipo de crÃticas fixeron imposible non falar desta iniciativa na actualidade. No entanto, para alén de todas as polémicas e contidos, a obra do Gaiás é tamén unha aposta arquitectónica de nivel internacional. Agora, a exposición Peter Eisenman. A Cidade tenta amosar as interioridades deste proxecto ao público.
Manuel Blanco Lage, doutor arquitecto, foi o responsable de organizar unha mostra que afronta a difÃcil tarefa de explicarlle ao público a importancia deste proxecto. “por vez primeira, a xente pode atopar unha explicación da Cidade da Cultura a nivel arquitectónico”, explica o comisario. Para Blanco, “esta é a obra culmen de Peter Eisenman, un traballo de madurez dun dos arquitectos máis importantes da súa xeración cuns estudos moi fondos e unha linguaxe propia e persoal”. Nese sentido, destaca a mestura dunha “capacidade de deseño espléndida e un traballo intelectual moi fondo. E froito diso chega un momento no que está libre por completo. A Cidade da Cultura dálle esa liberdade e termina producindo unha arquitectura totalmente sensual, unha arquitectura que che abraza e que ten toda a intensidade dun artista”.
O novo Gaiás
Como é coñecido, o estadounidense baseou o seu proxecto en reproducir cos edificios a silueta orixinal do monte Gaiás, artellando os diferentes espazos da cidade cunha trama inspirada na propia estrutura medieval das rúas de Compostela. Segundo explica Calvo, Eisenman “parte do propio Santiago, recolle os camiños que estruturan a cidade, toma esa traza, colócaa sobre o monte e defórmaa para que o propio Gaiás cree a cidade nova”. Nese sentido, para o comisario, o máis destacado da obra é a integración que realiza co propio monte Gaiás. “Transforma unha montaña en arquitectura e esa arquitectura en paisaxe. A propia cidade é unha grande montaña de pedra”, lembra, e destaca tamén”o xeito no que os elementos levan o usuario dun lugar a outro dun xeito fluÃdo”. Segundo explica Calvo, a idea inicial “inspÃrase na montaña e na propia natureza de Galicia, e iso é o que lle deu tanta liberdade ao proxecto. Non nace só da cabeza, senón de respirar o aire e o que hai”. Desde esa concepción inicial, a idea non tivo unha grande evolución. “Vese unha grande unidade nas fases. O proxecto non muda. Depúrase e afÃnase, e vaise axustando cada vez máis á montaña, pero está todo desde o comezo, unicamente é como se se fose erguendo a néboa sobre a idea inicial e se fose facendo realidade”.
Contidos
Os que se acheguen á Cidade poderán contemplar, como parte da visita guiada, toda unha serie que contidos que buscan a comprensión do complexo. Para comprender a evolución do proxecto, Calvo entrevistouse co seu autor e recolle na mostra o seu testemuño. “Quixen darlle a voz ao propio Eisenman, para tentar que nos explique o momento da creación, a xénese do proxecto”. Canda a el poderá coñecerse tamén a visión do equipo galego que desenvolve o proxecto e mais os proxectos e o traballo da Fundación Cidade da Cultura. “Vanse ver os primeiros documentos con que se creou a cidade, as primeiras maquetas de cartón. Tamén nos imos meter dentro, percorrela en lugares que son difÃciles de ver como debaixo das cubertas. Entramos nese panorama no Museo que está a se construÃr e tamén nos espazos do Arquivo e da Biblioteca. A idea é que o visitante vexa os diferentes espazos da cidade. Temos elementos cunha tecnoloxÃa de 360º que nos vai permitir ese percorrido” lembra o comisario. AÃnda que a mostra funciona “como un conxunto”, Calvo recoñece que ten “elementos fetiche, como a propia explicación de eisenman ou as pezas que tirei do Arquivo da Fundación e que son só unha pequena parte dos documentos que permitiron xerar, xestionar, revisar e controlar todo este inxente labor”.
Pasear a través da estrutura
Boa parte do traballo de Calvo se realizou a partir do Codex, o libro no que se recollen todos os detalles da edificación. “En a partir del tentei explicar o que é cada liña, cada unha das marcas que deixa no edificio”. Para comprender o complexo, segundo el, “non cómpre saber como se xerou e qué significa a trama de 6x20 que mantén os pilares grandes das cubertas, ou da de 8x8 dos pilares pequenos dos edificios, ou como esa trama está marcada no chan e podemos seguir unha liña por todo o edificio. Realmente iso emprégase na exposición practicamente como unha excusa para poder ir percorrendo a Cidade coa xente”. E é que falamos dun edificio “que non consiste só os espazos principais, ten un tecido conectivo moi forte. Os corredores e outros elementos están estruturados e marcados, e tentamos ler esa trama”.
Transmitir a cidade
Explicar un proxecto destas dimensións e envolto nunha polémica tan forte non é sinxelo, como recoñece o propio comisario. “A experiencia da arquitectura ten que ser directa. Esta exposición quere suministrar coñecemento á xente para que poida disfrutar máis do edificio”. Ao tempo, sinala que aÃnda falta tempo para que a sociedade acepte e comprenda a Cidade da Cultura. “E moi difÃcil explicar os soños e realmetne este proxecto é o soño dunha xeración, de moitÃsima xente que se recoñece nel. Ao final, a identidade das xentes e os temas que teñen ver coa cultura e cos espazos, son cuestións que construÃmos para xeracións seguintes. Eu teño claro que este vai ser un dos grandes espazos recoñecidos polas xeracións que nos siguen. No momento en que estamos a construila, en que estamos a facer realidade eses soños, só vemos fragmentos deles”. No entanto, polo de agora a positiva resposta dos visitantes anÃmao no seu traballo de explicar o complexo. “É moi bonito ver a xente que vén visitar a cidade, como se namora do proxecto, quedan absolutamente encantados”, lembra.

GalerÃa: Peter Eisenman. A Cidade
Unha das maquetas que se poden ver na exposición Fonte: ConsellarÃa de Cultura
Parte da exposición sobre o proxecto do monte Gaiás
Fonte: ConsellarÃa de Cultura
Unha das vistas do complexo na exposición
Fonte: ConsellarÃa de Cultura