Os profesionais piden no Parlamento que se aprobe este ano a reforma da Lei da TVG

Solicitan que se garanta por lei o cumprimento de investir o 6% dos ingresos do ente

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Xosé Manuel Olveira, Pico, acudiu onte ao Parlamento de Galicia no marco da ponencia constituída para reformar a Lei da CRTVG. En representación da Academia Galega do Audiovisual, e da Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego reinvidicou a reforma dese texto xurídico para este 2010. “Sería o mellor agasallo á CRTVG no seu 25 aniversario”, asegurou. Entre as demandas presentadas destaca a necesidade de mudar o sistema do director xeral (maioría de dous terzos na cámara, que non coincida cos períodos electorais e non superen as dúas lexislaturas); garantir por lei tanto o cumprimento de investir en producións audiovisuais independentes o 6% dos seus ingresos como que o galego sexa a lingua oficial; un equipo avaliador no deartamento de proectos e unha áre de comercialización é mercadotecnia. No caso da Radio Galega avogaron por defender unha canle de música clásica e outra de informativos.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito