Fina o pintor José Lorenzo Macías, destacado pintor figurativo

A crítica veu na súa obra ecléctica unha continuación do traballo de Laxeiro ou Colmeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Acostumaba a dicir “a vida é como un cadro que nunca sabes como termina”. José Lorenzo finou esta madrugada na súa Pontevedra natal. Lorenzo foi un dos máximos representantes da pintura figurativa galega e a crítica veu no seu traballo ecléctico unha continuación dos camiños trazados pola xeración dos Novos (Laxeiro, Colmeiro, Manuel Torres…). Comezou a súa traxectoria artística en Barcelona e a súa obra non chegou a Galicia ata os anos oitenta, cando participou na Bienal de Pontevedra ou na Casa de Parra (Santiago), entre outras entidades. A igrexa do Divino Salvador de Poio acollerá esta tarde o funeral ás 18:00 horas.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colmeiro, Laxeiro, Pontevedra, Manuel Torres...